Rumboia 205 – Señora Carmen – Na flor dos meus anos (2007)(12.35)

Programa: 
Rumboia

A Señora Carmen erixiuse nos últimos anos da súa vida como unha das voces máis representativas da música tradicional galega. Foi fundadora e solista da agrupación de música popular Malvela, de Mos. Subiuse por primeira vez a un escenario cando xa pasaba dos 70 anos, e desde aquel momento comezou unha aventura fantástica e entrañable.

En 2007, con 82 anos, gravou o libro-disco- dvd " Na flor dos meus anos". Tratáse dun disco persoal, no que a Señora Carmen relatou as súas lembranzas, e nos amosou o seu lado mais humano. Neste CD escoitamos o pálpito do seu corazón, ao ritmo das melodías que vai desgranando con mestría, e onde nos conta a súa biografía dun xeito moi íntimo e persoal mergullándose na Galicia na que vivira de nena.

“Na flor dos meus anos” é ler, escoitar e ver a unha lenda da nosa Galicia. A señora Carmen foi e sempre será un tesouro do noso patrimonio, unha xoia de muller, dona do son e da musicalidade, señora do ritmo e a máis selecta colleita da nosa música antiga, presente e futura.