ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha das tendencias máis claras na música para a os máis cativos é a que tenta achegarlle a nosa tradición musical ás novas xeracións. Neste campo enmárcanse propostas coma as que realizou a Asociación de Gaiteiros Galegos, con discos coma O Quiquiriquí. Cantos para o Nadal o Pelo Gato 24 ou o Trece Lúas.
E nesta mesma liña a Asociación Socio-Pedagóxica Galega editou Cancións para Antía, o disco que hoxe vos presentamos, un traballo do grupo Fol do vento, que naceu coa intención de contribuír á galeguización do espazo vital da infancia, e achegando unidades didácticas para diferentes idades.
O disco Cancións para Antía, que viu a luz no ano 2009, foi pensado para os menos e nenas, pero tamén coma un complemento didáctico para mestres e mestras, e para pais e nais ... Para axudar a transmisión xeracional da nosa lingua .
A canción, espazo privilexiado para combinar aprendizaxe a diversión, é o mellor xeito de que os nosos menos e nenas se reencontren consigo mesmos.
O disco conta con 17 pezas, e todas as letras das mesmas, foron compostas por Xose Lois Seixo, agás "O Carrizo", de Manuel Maria e "O Peto" que é obra de Xabier Sesto Camino.
A música foi composta por Xosé Lois Seixo e Xaquin Facal García e os arranxos son de Xacal Facal, e é de destacar a colaboración do Coro De Nenos Cantores Da Orquesta Sinfónica de Galicia.