Rumboia 208 – Mutenrohi - O MAL Tempo (1995) (12.01)

Programa: 
Rumboia

A banda de folk ourensá Mutenrohi foi unha das bandas de folk máis internacionais, a súa música contén elementos que combinan a tradición e cultura galega cun son céltico, moderno e actual.

Tras numerosos anos de carreira, a banda gravou sete álbumes que repasan as historias e vivencias que acumularon no camino, e convertíronse nun dos grupos de música celta máis innovadores de Galicia.

Co seu primeiro traballo discográfico, "O mal tempo" que viu a luz no ano 1995, Mutenrohi presentouse en sociedade ofrecendo unha nova visión da música folk feita en Galicia ata aquel entón, sendo unha formación puramente tradicional. Posteriormente realizaron xiras por toda a península ibérica, Reino Unido, Francia, Suíza e Portugal, participando nalgúns dos máis importantes festivais de Europa como o Guinnes Irish Festival e Festival Intercéltico de L' orient, entre outros.