Rumboia 209 – Brath – Kalaikia (1982) (12.17)

Programa: 
Rumboia

Brath é unha banda lucense que no ano 1980 incorpora por primeira vez ao folk galego instrumentos que ata de aquela estaban reservados para o rock, como a batería e as guitarras eléctricas. Os seus inicios están marcados pola vontade de realizar música de raíz, pero cunha perspectiva aberta á fusión, e con especiais influencias do rock progresivo. Con esta nova visión da música galega, que naqueles intres foi toda unha revolución, iniciouse un camiño que pouco a pouco recorrerían moitos grupos do noso país.

Brath, que nacía coa filosofía de achegar á xente moza a nosa música de raíz, utilizou dende o principio a mestura de diferentes estilos de música como o pop ou rock, para a traveso de diferentes fórmulas, crear unha nova música galega a partires da tradición. O seu debut discográfico foi co disco Kalaikia no ano 1982.

Ao longo da súa ampla traxectoria, o grupo sufriu diversas mudanzas nos seus componentes, pero isto non impediu que gravaran 12 albumes e varias bandas sonoras para o cine e televisión, participando tamén en discos colectivos e recopilatorios.