Rumboia 211 – A Roda – Falemos Galego (1979)(11.51)

Programa: 
Rumboia

A Roda naceu no ano 1977 dun grupo de amigos que se xuntaba arredor dunha mesa, facendo a roda que lles dá nome. O primeiro traballo, homónimo, A Roda converteuse nun supervendas e é aínda hoxe un dos clásicos da música galega; con el gañaron o favor do público e conseguiron o Premio da Crítica Galega.

Dous anos despois, gravaron o segundo disco, ‘Falemos Galego’, un disco no que se incluían as coñecidas pezas: Foliada do Celta e Falemos Galego.

A Roda sempre foi un grupo comprometido coa lingua propia de Galicia e co seu disco Falemos galego impulsou a finais dos anos 70 a mellor campaña de dinamización lingüística feita desde o eido musical a

Na súa longa traxectoria, a Roda deu centos de concertos, tanto en Galicia como fóra, obtivo numerosos premios, como a medalla Castelao, entre outros, e publicou preto de 20 discos. Na actualidade, A Roda ampliou o horizonte das suas posibilidades, tanto no campo instrumental como compositivo, concedendo espazo a súa propia creatividade, composicions, melodías instrumentais e musicalización de poemas, entre outros.