ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Leirabuxo é un proxecto musical que xorde no berce da bisbarra de Melide e arredores no ano 2010 froito dunha xuntanza de catro amigos amantes da músíca tradicional. As inquedanzas destes catro amigos gaiteiros, e como eles...din "a verdade é que leiramos ben", fixeron que se xuntaran para facer o que realmente lles gusta, que non é outra cousa que tratar de divertir ao público facendo música tradicional da nosa Galiza con ese instrumento que nace dun pau de buxo, e de aí o seu nome de Leirabuxo.
Algúns dos compoñentes do proxecto Leirabuxo forman parte doutros proxectos musicais da bisbarra de Melide e arredores, pero todos eles senten un especial agarimo cara ao proxecto Leirabuxo, pola grande amizade existente entre eles e pola súa atracción cara a musíca tradicional do noso pais.
Dende os seus inicios, Leirabuxo participou en múltiples festivais, tales como o Festival de Pardiñas, Festival de la Luz, Son do Masma, Festival do Melindre e outros moitos eventos e festas ao longo de toda a xeografía galega.
En 2014 gravan e editan o seu primeiro traballo discográfico, e a principios do 2018 ve a luz o seu segundo traballo discográfico, “Minimum” ,que hoxe vos presentamos, no que a identidade musical da banda consolídase definitivamente. “Minimum” é un disco de música sobre todo orixinal, pasada por ese coador tan personal que fai que soe a Leirabuxo.