ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ailá é unha proposta inspirada na música tradicional de transmisión oral co obxectivo de facer bailar e de sentir esa enerxía universal feita “de raíces e de ás”, pero tamén é unha proposta semántica, un neoloxismo para nomear a esencia emocional do noso pobo presente “nos ecos da memoria de quen nos precedeu”.
Ailá mergúllanos no universo folk; ou tradi, como prefiren denominalo eles, cuns impecables arranxos desde as recollidas históricas do saber musical popular. Isto, unido á peculiar formación composta por catro músicos, dálle un carácter único, achegando unha nova sonoridade ao seu repertorio tradicional; unha nova proposta que vén do folk para converterse en tradi. Ademais, con esta nova proposta artística Ailá pretende facer chegar a súa música de raíz ás xeracións máis novas, cunha linguaxe e sons máis próximos sen perder a esencia, achegando unha visión máis ampla do universo musical no panorama actual e creando o seu particular estilo tradi.
Ailá fráguase nas máxicas noites de foliada na Casa das Crechas, a cal, ao baixar o pano, sempre daba acubillo a algunhas e algúns dos protagonistas para seguir facendo música. Estas pequenas sesións musicais nutríanse dun repertorio inspirado en arquivos sonoros, cancioneiros populares e gravacións musicais antigas que, entre todas e todos os presentes, dábanlle forma e insuflaban vida.