ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Hoxe compartimos na Rumboia este disco, donde a armónica de Arina cas trompas galegas de Che e Francis xunto a colaboradores coma Emilio do Pando, e máis amigos, interpretan varias pezas da nosa música tradicional.
Che Vázquez e Francis Olivier, coñeceron a Arina nunha edición do festival de Pardiñas de Guitiriz. Ali o flechazo entre instrumentos foi instantáneo e tamén o inicio dunha bonita amizade.
Dende aquel ano, sempre paraban unha tempada polas terras de Luaña. Nun deses veráns, Arina viña co desexo e compromiso de gravar unha peza con armónica e trompas, para unha publicación que recollía diferentes instrumentistas tradicionais dos Paises Baixos.
Gravárona, a muiñeira de Coia. E quedaron tan abraiados co resultado, que se deron conta que a semente estaba en boa terra e regada, e xa os tres tiñan claro o que seguía. Foi no seguinte veran que se puxeron a elo, primeiro selección do repertorio entre moitas pezas antigas do noso repertório tradicional. Tardes e noites de ensaios...e a gravar.
A edicion alongouse no tempo e Arina enfermou moi rápido, e foise.
Así quedaron os dous con este proxecto, o material e a obriga e o desexo de rematar o camino andado e non podía ser doutra maneira que un disco de amigos para os amigos.
Por suposto, xa no título evidenciase que Arina tivo un papel primordial, así como na mezcla e presentación. E así foi, como dende o obradoiro de quen pode considerarse recuperador e desenrrolador da Trompa Galega, co virtuosismo de Arina á armónica e o compartir duns momentos máxicos ó carón da fonte da memória, saíu este traballo.