Rumboia 217– Fixe Trío - Sempre Fixe (2021) (14,05)

Programa: 
Rumboia

Fixe Trío é un proxecto musical vigués cuxos instrumentos principais son a guitarra, o cello e a voz, aínda que, como multiinstrumentistas, engaden ocasionalmente outros instrumentos como o violín, frautas e diversos instrumentos de percusión. No mundo sonoro de Fixe Trío pódense atopar retrincos de músicas de diferentes lugares: Galicia, Portugal, Brasil, Arxentina, Cuba, Chile ... Sendo as propias intérpretes as encargadas dos arranxos para conseguir o seu propio son. Son cancións do mundo cun toque contemporáneo e interxeracional.

Fixe Trío son cancións do mundo, unha viaxe atlántica a través dun universo de composicións orixinais e temas populares arranxados e interpretados por este trío musical que consegue ter un son propio.

 

Fixe Trío  son Xela Conde (voz, percusión, violín, frauta), Blanca Marigómez (cello e voz) e Joel Fontán (guitarra e voz).