ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
No ano 2007, na Pontraga, xorde un grupo de mozas dispostas a tomar o legado que lle ofrecían os máis vellos cantadores e bailadores da zona e converterse en herdeiras e transmisoras desta enorme fonte de cultura para as vindeiras
xeracións. Nace, así, Bouba.
Das máis vellas cantadores e bailadoras aprenderon o mellor; a alegría e a forza para defender o noso, con dignidade. E foi así como colleron camiño(s) cunha pandeireta debaixo do brazo, libres, e con moito que dicir. Porque son festa, son Bouba, mulleres do norte, de terras de muiñeira cabalgada e pateado. Aprenderon o esquecido e a forza de patadas trouxérono aquí, ao hoxe, para non deixalo marchar.
A actividade musical e cultural das Bouba abrangue dende o lugar máis recóndito de Galiza ata os máis lonxanos países, onde a nosa música é moi ben recibida e apreciada.