Rumboia 222 – Volta e Dálle - “Quen te quere ben”(2018)(12,04)

Programa: 
Rumboia

Volta e Dálle son un grupo de amigos apaixoados da música tradicional galega. Comezaron no ano 2007 creando un grupo de música tradicional e unha asociación cultural no concello de Mondariz, de onde son orixinarios case tódolos membros.

Co paso dos anos, foron cambiando o seu repertorio, pasando dun máis tradicional a un repertorio baseado en pezas de autoría propia.

Nas suas letras intentan reflexar temas actuais e comprometidos, así como recordar as tradicións reivindicando a memoria. Co paso dos anos, o grupo foi medrando e enriquecéndose coa chegada de novos membros, e a comezos do 2016 confórmase a actual formación do grupo.

No ano 2018 graban o seu primeiro disco composto por un total de 16 temas e que leva por título: “Quen te quere ben”. Nel podemos disfrutar escoitando o variado repertorio de Volta e Dálle, no que inclúen foliadas, muiñeiras, pasodobres, xotas e outros ritmos como rumbas e valses.