ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Sheila Patricia é unha das voces da nova canción de autora en Galicia. Filla dunha galega e dun arxentino descendente de asturianos. Podemos percibir toda esta mistura nas súas composicións, con rasgos característicos do folcrore de ambos lugares. Sempre arroupada dunha guitarra, instrumento que unifica os dous continentes. A contínua preocupación polo seu, pola sua terra onde actualmente reside, resplandece no discurso dos seus actuais espectáculos. Historias de Mulleres, da sua avoa e das avoas que configuran a vida e da fortaleza femenina que porta Sheila.
A sua crianza nas Rias Baixas, próxima á fronteira con Portugal non deixa indiferente a sua percepción da música. Sheila ten ese modo de cantar, tan similar ao pranto das fadistas, Cun marcado rubato e con gran profundidade na interpretación. O disco que hoxe vos presentamos, “Orixe”, é un traballo co que reivindica os seus xenes artísticos maternos e no que vemos a mezcla de ritmos da música tradicional, con música electrónica, e cun claro baño de World music.
Na música de Sheila Patricia, destaca tamén o seu xeito e adornos vocais propios da música tradicional. Actualmente segue a investigar na mestura con sons mais actuais e electrónicos, conservando a esencia do acústico, no seu trabalho tributo á cultura galega.