Rumboia 224 – Xamaraina- Son (1999) (10,25)

Programa: 
Rumboia

Nova Xamaraina é unha Asociación Cultural que naceu no ano 1998 coma un agasallo de Reis que uns amigos decidiron facerse entre sí, xuntándose en torno a un tema común: A música Tradicional.

Froito de todo isto, un ano despois viu a luz o seu primeiro traballo discográfico SON, co grupo de música tradicional “Xamaraina”. Con este disco pretenden amosar unha parte da cultura que se está a perder, intentando recuperar ese elo perdido na desaparición da nosa cultura popular de tradición oral.

Con  SON, pretenden facer unha serie de fotografías instantaneas dun pasado recente que está a esvaecerse con todos os informantes. Xamaraina quere facer unha mención especial para todos eles, xa que sen a súa transmisión oral, moitos grupos como eles non chagarían a existir.