RUMBOIA 226: Xorima - Xorima - 1985 (14:11)

Programa: 
Sonsdenós

Xorima foi un dos grupos máis emblemáticos do folk galego dos anos oitenta. A formación, provinte da lacalidade luguesa de Vilalba, estaba composta por Xosé L. Pernas (tamboril, pandeiro, bombo, caixa, bodhram e birimbao), Queno Emil (guitarra acústica), Lalo Baamonde (gaita galega, frautas de pico, tin whistle, bombarda, ocarina e bouzouki), Xosé Ramón Vázquez (piano, acordeón, teclados, sintetizador e bouzouki) e Carlos A. Celeiro (gaita galega, frauta traveseira, tin whistle e punteiro). En 1985, o conxunto gravou un elepé de cunha portada a cargo do pintor e arquitecto Santiago Catalán, que chegou a converterse na banda sonora dos primeiros tempos da TVG. Na segunda etapa da formación (1987-1989) permanecerían tres dos membros orixinais (Xosé Ramón Vázquez, Carlos Morón e Xosé Lois Pernas) e terían cabida Xabier Bueno, Chus Bello e Xaquín López Farinha. Este último sería un dos fundadores de Berrogüetto, mentres Xosé Ramón e Xabier Bueno formarían anos despois Fía na Roca xunto con outros músicos.