RUMBOIA 228: Na Lúa – Na Lúa

Programa: 
Sonsdenós

Na Lúa é un grupo musical galego que podemos situar no folk, con algúns elementos do pop e o jazz.

Naceu no 1980, co propósito de difundir, revalorizar e restabelecer a dignidade da música de Galicia. A crítica definiunos na súa primeira etapa coma "unha ponte harmónica entre a tradición e o futuro". Os seus compoñentes fundadores foron: Xosé Paz Antón, Ricardo Pereiro, Pancho Álvarez, Darío González e Rafa Vega. No ano 81 incorporaríase Antón Rodríguez.

Na Lúa tiñan como referente as raíces da música popular, recorrendo á divulgación do cancioneiro tradicional e tendo esa pegada como inspiración da nova música composta polo grupo. Ao mesmo tempo, buscábase o encontro desa música de tradición oral coa sociedade dos medios de comunicación, o futuro, a contemporaneidade, e a contraposición.