RUMBOIA 231 : A Tajea – En Clave de Ja (2020)

Programa: 
Rumboia

A Tajea é unha agrupación musical de Outes formada por 6 mulleres cun estilo propio,  elas mesmas defínense como un grupo moi festeiro. Teñen gaita pero non son gaiteiras. Teñen pandeireta pero non son pandeireteiras, e todas cantan pero non son cantareiras.

Este grupo de 6 mulleres poñen un aire novo e fresco á música tradicional. Os seus directos non deixan a ninguén indiferente e sempre conseguen sacar as sonrisas do público.

“A Tajea” naceu polas ganas de festa, a primeira vez que tocaron xuntas foi nuns Cantos de Taberna, alá polo 2017, no concurso “PONTE UN SANCOSMEIRO”, e dito e feito, puxeron o sancosmeiro e xa non o volveron a sacar. De feito, o SANCOSMEIRO  e os zpcos son a súa seña de identidade cada vez que suben a un esceario.