RUMBOIA 234: Cuarteto Caramuxo - Tiruriru - 2009 (12:19)

Programa: 
Rumboia

Este peculiar cuarteto, o único composto por seis membros do que se ten noticia, supón unha das estreas máis interesantes na nosa música dos últimos anos. Inicialmente formado por catro clarinetes, tocados por Felipe Agell, Xoán Carlos Vázquez, Óscar Prieto e Fernando Abreu, -tamén Cándido Lorenzo estivo no grupo algún tempo-, e que abranguen toda a familia do instrumento, o Cuarteto Caramuxo mudou a sexteto coa entrada da percusionista Patricia Cela e do acordeonista Alonso Caxade, mais decidiu non cambiar o nome e si virar de vez o seu repertorio cara á reinterpretación de pezas da tradición musical do país, pescudando nos cancioneiros populares galegos e botando man de compositores actuais para recoller as súas melodías, coas que gañou o concurso Festival Folk Cancioneiros convocado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza no 2008, o que lle valeu poder gravar este seu disco de estrea, Tiruriru, (Falcatruada, 2009). No ano 2015 gravarían o seu segundo disco Arrieiros somos (Nakra,2015