ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
De Ninghures é unha banda do novo folk galego que nace das inquietudes de xente nova de diferentes puntos da nosa xeografía. Partindo da tradición galega, presentan un repertorio con claras influencias de músicas doutros pobos da península ibérica, América Latina ou o Magreb.
Oito músicas e músicos que se xuntan para ensinar a súa forma de manter con vida a música tradicional en tempos de globalización conforman este grupo, que anima ao baile e crea un ambiente de foliada fresca e frenética.
Nestes anos de traxectoria percorren diferentes salas e festivais galegos, como Castelo Conta, Festigal, Festival dá Poesía do Condado, Foliada da Fonsagrada, Festival Irmandiño de Moeche….En 2019 son gañadores do concurso Novos Valores, ademais de finalistas do Proxecto Runas organizado polo Festival de Ortigueira.
Acaba de ver a luz, AQUÍ; o seu primeiro traballo discográfico, tras un período de varios anos de investigación. No disco, composto por temas orixinais, conflúen pezas de composición propia con arranxos do repertorio popular.