RUMBOIA 37: Liorna – Liorna (09:56)

Programa: 
Rumboia
RUMBOIA 37: Liorna

O grupo Liorna fundouse no ano 1996 en Marín (Pontevedra) e apareceu por vez primeira nun traballo discográfico no ano 1998. Tratábase dun traballo recompilatorio xunto con Xiradela e Atalora na compañía de Mercedes Peón, Trompo. No ano 2000 aparece o seu primeiro traballo, Liorna, (Edicións do Cumio, 2000), cando estabilizaron a súa formación e escomezaron a ser máis coñecidos. Para alén da súa participación en diversos recompilatorios, a banda editou polo de agora dous traballos máis, Ruído Branco, (Edicións do Cumio, 2005) e Sarahyba, (Edicións do Cumio, 2011).