RUMBOIA 41: Vaamonde, Lamas & Romero – Vellas Artes

Programa: 
Rumboia
41_vaamonde_lamas_romero

En novembro de 2008 publicouse Vellas Artes,(Falcatruada, 2008), estrea discográfica do trío Vaamonde, Lamas & Romero. O trío está integrado por 3 músicos que levan anos colaborando conxuntamente en diversos proxectos, con experiencia docente e innumerabeis colaboracións con formacións diversas. Unha proposta musical, que ten sido alcumada de minimalista, onde sobre a base do acordeón diatónico de Romero camiñan a gaita e o saxo soprano para ir percorrendo temas entre os que hai espazo, e dun xeito moi equilibrado, para as composicións propias e as pezas tradicionais. No ano 2011 publicarían o seu segundo, e ata agora último, traballo discográfico Tambor de Prata (Fol Música).