RUMBOIA 42: A Gaita de Sarándon

Programa: 
Rumboia
42_a_gaita_de_sarandon

O grupo de requinteiros A Gaita de Sarandón trata de manter vivo o legado que os seus dous principais compoñentes, Marcelino e Pepe, reteñen nas súas mentes, cando foi gravado este disco no ano 2006. Recupera-lo repertorio que ambos interpretaron co grupo A gaita de Vedra, polo que ambos pasaron, un primeiro e o outro despois, é parte fundamental da finalidade da agrupación. O traballo discográfico que escoitamos foi editado no ano 2006 por Edicións do Cumio, baixo o título, Requinteiros da Ulla, dentro da colección Os Nosos Gaiteiros.