RUMBOIA 43: PelePau – Fio e Agulla

Programa: 
Rumboia
PELEPAU

Pelepau nacen en Vigo, no ano 2010, formado por 12 percusionistas todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega e de reconocida traxectoria no panorama musical galego.Fío e agulla é o título do seu primeiro e, ata agora, único disco que vén de se editado no ano 2016. O grupo "Pelepau" interpreta cantigas populares adaptadas para as voces e percusións tradicionais cunha posta en escea dinámica e en constante interacción co público. Un percorrido pola música popular galega, misturada e influenciada polos ritmos tradicionais doutras culturas que viñeron da man dos emigrantes retornados e que ainda conviven na colectividade.