RUMBOIA 48

Programa: 
Rumboia

O Quiquiriquí é un traballo dirixido maiormente aos rapaces máis novos para que coñezan e valoricen a súa cultura tradicional, particularmente as manifestacións relacionadas co Nadal Galego. Pese a esta orientación, é un disco interesante para todo tipo de público polo seu contido e valor como traballo de documentación dunha fonda tradición cultural. O Quiquiriquí foi producido, no ano 2006, pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, e a dirección artística correspondeu a Paulo Nogueira, Magoia Bodega e Segundo Grandío. Participaron artistas como: Pandereteiras de Ultreia, Pablo Carpintero, Pilocha, Tino Baz, Guadi Galego, Mini, Mero, Murga de O Fiadeiro, Uxía Senlle, Serxio Cobos, Ugia Pedreira, Orfeón Treixadura, Malvela, Pancho Álvarez, Cástor Castro, Alfonso Franco, Miguel Costas, Segundo Grandío, Paulo Nogueira, Magoia Bodega, Toniño López, César Longa e Xaquín Xesteira.