RUMBOIA 50: COANHADEIRA – Bicos con Luvas (13:01)

Programa: 
Rumboia

As coanhadeiras eran as mulleres que tiñan que barrer os restos do cereal despois da malla, tamén as basoiras que se empregaban recibían este nome. En Ourense aparece polo ano 2006 este grupo que acadou numerosos premios e participou nos máis importante festivais folk da península e de Europa. Despois de publicar os traballos Haique e Po(2009), no ano 2015 editaron o que ata agora é o seu último traballo Bicos con Luvas, no que participaron JESÚS PÉREZ,”CHECHU”: Gaitas e Zanfona, MARCOS PÉREZ "KINHOS": Batería e percusións, PATRICIA LÓPEZ: Voz e percusión, ALBERTO SÁNCHEZ: Acordeón, OSCAR FREIRE: Saxo sorprano e tenor, EFRÉN NOVOA: Baixo.