RUMBOIA 53: MILLADOIRO – A Galicia de Maeloc

Programa: 
Rumboia

O Grupo Milladoiro nace no ano 1979, co paso do tempo converteuse nun auténtico icono da música galega chegando a triunfar no panorama internacional. O primeiro disco editado por este grupo apareceu no ano 1980 baixo o nome de A Galicia de Maeloc. O grupo orixinouse cando Xosé V. Ferreirós, Nando Casal e Ramón García Rei, integrantes do grupo tradicional Faiscas do Xiabre, se uniron a Antón Seoane e Rodrigo Romaní que viñan de editar un disco chamado Milladoiro inspirado nas músicas celtas europeas. A Galicia de Maeloc foi unha aposta decidida por mesturar instrumentos como gaitas, zanfonas, arpas, acordeón, violín e instrumentos de percusión, unha aposta que marcou un antes e un despois na música da Galiza.