RUMBOIA 59: Cantares do Brión – A Raís 

Programa: 
Rumboia

Cantares do Brión é un Coro Galego con catro cordas de canto e con acompañamento instrumental. Conta con seccións de baile e de teatro. Ten a súa sede no Centro Cultural de Vincios (Gondomar), no Val Miñor. O coro constituíuse formalmente en marzo de 2010. Recoñécese continuador dos coros tradicionais que a finais do século XIX e comezos do XX resultaron fundamentais para o rexurdimento da cultura galega. Baixo a dirección de Pablo Rial Salgueiro e presidido por Xosé Manuel García Crego, o Coro Tradicional Cantares do Brión está integrado na actualidade por 65 persoas, a maioría delas do Val Miñor, fundamentalmente da parroquia de Vincios, pero tamén doutras comarcas como O Condado, Baixo Miño, Pontevedra ou Vigo. No ano 2018 editaron o seu segundo traballa discográfico A Raís.