RUMBOIA 71: Cristian Silva – Ego

Programa: 
Rumboia

O álbum EGO axudou a Cristian Silva a levar o son das gaitas e a percusión tradicional a un plano diferente, diferente e innovador. Deste xeito, a música tradicional viaxa cara a unha sonoridade indie-pop. Producido na súa totalidade polo propio músico e editado por Inquedanzas Sonoras, Ego inclúe tamén matices de rock, flamenco e música electrónica. E todo interpretado por este músico multi-instrumentista desde unha perspectiva persoal, proporcionando así unha aposta propia caracterizada pola exploración e experimentación. O material principal do disco está formado por obras musicais que mesturan a tradición coa vangarda e que profundan nas novas técnicas interpretativas das gaitas.