RUMBOIA 76: Cuarteto Caramuxo – Arrieiros Somos

Programa: 
Rumboia

Frescura, orixinalidade e esmero. É o que nos regala Cuarteto Caramuxo nos dez temas que forman Arrieiros Somos.Este segundo traballo discográfico editado no ano 2015, sucede a Tiruriru o primeiro disco editado polo Cuarteto Caramuxo no ano 2009. Felipe Agell (clarinete en Si bemol), Xoán Carlos Vázquez (clarinete en Si bemol), Óscar Prieto (clarinete en Si bemol e baixo), Fernando Abreu (clarinete baixo e requinto en Mi bemol), Patricia Cela (percusión) e Alonso Caxade (acordeón) súbense ao escenario para reinterpretar melodías tradicionais recollidas nos cancioneiros galegos, xunto con composicións de autores contemporáneos da Galiza feitas expresamente para o grupo, e melodías inspiradas noutras culturas, no jazz e no pop.