RUMBOIA 94: Trim

Programa: 
Rumboia

Cun traballo discográfico editado no ano 2014 baixo o selo Produción Cuarto Baleiro, presentábase o trío Trim. Unha formación composta polos galegos Pedro Fariñas e Fernando Barroso e polo portugués Luís Peixoto. Unha mistura da gaita con instrumentos de corda define o son característico deste grupo. Manteñen unha visión sempre actual da música instrumental, con pezas de creación propia que se encadran dentro dunha inevitable referencia á música popular galega e portuguesa. A indiscutible traxectoria individual destes tres músicos provoca un son peculiar con certo aire innovador no panorama do folk.