RUMBOIA 97: Tino Baz – Cinsa Namorada

Programa: 
Rumboia

Cinsa Namorada, ven a ser o título do traballo discográfico que Tino Baz gravou no ano 2008, e que lle deu soporte sonoro da súa obra de autor, como músico e cantor. É o resultado dun proceso de madurez creativa a través dunha longa carreira como profesional da música, sustentada en diferentes colaboracións con grupos da música galega actual de recoñecido prestixio e, individualmente, como músico. Como músico miñoto, mòvese nunha estética connotativa de raìces populares adaptándose ás acústicas innovadoras da inxenería do son do momento actual. As pezas que compoñen este proxecto, son músicas e textos de Tino Baz xunto a un poema da escritora luguesa Marica Campo, que ven a ser quen avala literariamente este traballo. Poemas de diversa temática que, conceptualmente, móvense de xeito gravitatorio entorno ao poema Cinsa Namorada da autora luguesa antes mencionada e referencia indiscutible da literatura galega actual.