Rumboia157- Pai da Cana - Paidacana12 (2007) (11.30)

Programa: 
Rumboia

Pai da Cana é un grupo de música tradicional galega fundado en Poio (Pontevedra) en 1995. Tras adoitar diversas formacións, a partir de 2003 céntrase na recuperación dun concepto de conxunto tradicional case desaparecido no noso país, a charanga ou murga, na que a gaita e o acordeón fúndense con instrumentos propios das bandas de música como o clarinete, o saxofón, a caixa ou o bombo con pratos.

 

Pai da Cana é un colectivo comprometido coa tradición e o seu repertorio está formado por pezas das charangas galegas que existiron no noso país e mais en América dende finais do s. XIX, os compoñentes do grupo son: Carlos Tomico (gaita), Miguel Dopazo (clarinete), Sandra Besada (saxo alto), Iria García (acordeón), Oscar Pazos (caixa) e Carlos Mouriño (bombo con pratos), e contan coa dirección musical de Oscar Ibañez.

 

O seu traballo Paidacana12 (2007) recolle a parte máis importante do repertorio dos doce primeiros anos de traxectoria do Grupo, amosando as distintas formacións musicais que foi adoitando este grupo co paso dos anos. Un  repertorio que abrangue pezas que noutro tempo significaron a modernidade e outras melodías tradicionais que arranxan dentro da estética musical de entreséculos. Neste cedé pódese apreciar unha evolución musical do conxunto, en definitiva, o que foron e o que son, sen máis pretensión que achegar un gran de area, unha pequena e humilde contribución á música do noso país.