Rumboia158- Sete saias (2007) (10.18)

Programa: 
Rumboia

Marta Quintana, a dúo con Clara Piñeiro, forman Sete Saias e apostan por unha renovación da música folk xogando co contrapunto de arpas e voces. O dúo xorde a partir do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, na aula de Arpa dirixida por Rodrigo Romaní.

Marta e Clara entrelazan voces e arpas, xunto con outros instrumentos, dando preferencia a composicións tradicionais galegas, fonte principal de inspiración, pero sen descoidade a composición propia ou os arranxos e musicalizaciones de letras de grandes poetas, como Álvaro Cunqueiro ou Avilés de Taramancos.

O disco de Sete saias, do ano 2007, e que hoxe vos presentamos, conta con colaboracións de destacados artistas, tales como Rodrigo Romaní, realizando arranxos musicais e autoría dalgún tema, Xosé Manuel Budiño, Xosé Liz, Fernando Abreu, ou Xabier Magalhaes (pintor portugués que realizou a gráfica do disco)