ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O grupo de música folk Seare fundouse no ano 1999 e estivo formado na súa totalidade por músicos e vocalistas de Sarria. O grupo tivo unha exitosa carreira, cun respetable percorrido pola xeografía peninsular, chegando a gañar varios certámenes. O grupo converteuse na gran referencia do panorama musical sarrián entre os anos 1999 e 2003, ano no que decidiron separarse. Os seus componentes iniciais son Abraham Cupeiro, Rubén Chao, Noelia González, Gerardo González, Luís Miguel Fernández, Simón Caldeiro e Xán Durán.
No ano 2016 un dos fundadores da formación, considerou que sería unha excelente idea volver reunir ao grupo e dar un concerto que recollese os seus mellores temas. Comentouno co resto de integrantes, e recibiu unha resposta afirmativa. Os compoñentes do grupo sempre fixeron gala dun gran espírito solidario e por tanto decidiron que o destino da recadación que obtivesen polo concerto debería de ser para os máis necesitados e escolleron para iso a unha organización destinada a prestar axuda aos refuxiados.
Froito de todo ese traballo, editaron o disco“Seare por Siria” no que recompilan once dos seus mellores temas, e cuxos fondos foron integramente destinados á ONG Zaatar, cumprindo o nobre obxectivo de axudar aos mais desfavorecidos.