ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os compoñentes do grupo Xochilmica viviron desde nenos a música tradicional e coincidiron en Santiago, na Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos. Chegados dende o eido tradicional, o grupo comezou a súa andaina en Compostela no verán do 2003. Cando lle puxeron nome ao grupo, buscaban algo único, algo que só os representase a eles, e conseguírono, facendo tamén que o seu son fora tan único como o nome. Cunha gaita, un acordeón, un tamboril, un bombo con pratos e un saxofón conseguiron un son totalmente novo, elegante e divertido.
Con menos dun ano de vida, o grupo Xochilmica gañou o Certame de Música folk de Radio Obradoiro, feito que lles deu a posibilidade de gravar o seu primeiro disco: 5 ELEMENTOS Ademais de gañar este Certame, gañaron tamén o Proxecto Runas do festival de Ortigueira e arrasaron no certame de Lorient, cos temas do seu primeiro traballo.
O grupo Xoxhilmica estaba composto por Manuel Iglesias “Sopas”: gaita, Pablo Dalama: gaita, clarinete, saxo soprano, Manuel Rey: tamboril, pandeira, triángulo, tarrañolas y cucharas, Xan Pampín: acordeón e Ramón Maril: bombo con platos, pandereta.
Cando a banda cumpría un lustro Xochilmica presentou o seu segundo disco: Carta Branca. Folk fundamentalmente instrumental e de autor nesta nova aposta artística que conserva o espírito festivo e a musicalidade da instrumentación tradicional galega.
Pouco tempo despois os componentes do grupo Xochilmica decidiron poñerlle fin ao proxecto, nun momento doce, que quixeron que quedara na memoria.