Rumboia163 – Anacos de Buxo – Sempervirente (2004)(12.55)

Programa: 
Rumboia

O cuarteto tradicional vigués Anacos de Buxo nace no mes de setembro do ano 2002, co fin de cumprir o gusto de catro rapaces con moita ilusión pola nosa música tradicional. O seu obxectivo era presentarse ao "Concurso de cuartetos tradicionais de Ponteareas" e grazas ao éxito conseguido decidiron continuar como grupo. Os fundadores de Anacos de Buxo foron Xurxo Fernández e Pedro Álvarez ás gaitas; e Ramón Corral e Alex Covelo ás percusións.

 

Anacos de Buxo participaron en numerosos concursos de música tradicional de todo o país sendo gañadores dos Concursos de Cuartetos de Cervo, de Ponteareas, do Memorial Manuel Texo de Vedra, ou do concurso de Música Tradicional de Ortigueira, entre outros. Teñen actuado en numerosos festivais folk, dentro e fora do pais, chegando ata o Festival Toxos e Xestas de Barcelona ou ao Festival de Lorient no ano 2005.

 

Anacos de Buxo gravan no ano 2004 o seu primeiro traballo discográfico chamado Sempervirente. Trátase dun percorrido a través do seu repertorio, tanto tradicional como de autor, todo el arranxado polo grupo.