A ruptura coas tradicións na voz poética de Noelia Gómez

Programa: 
Club de lectura
O xiro de Noelia Gómez no club de lectura de Radio Fene Radiofusión

O proceso de urbanización é unha constante en todo o mundo desde hai décadas. Abandonase o medio rural, pero non se deixa a lembranza nen a saudade pola casa, polo lugar onde naceron as persoas maiores. Quizais naza nese proceso o libro de poemas O Xiro de Noelia Gómez. A perda da casa de orixe e dos membros da familia que nela habitan é o xerme deste poemario no que Noelia Gómez adopta a voz poética de toda unha colectividade: as nenas da aldea que abandonan o seu entorno de orixe. «Neste percorrido hai unha vontade de falar de todas esas rapazas que, coma min, nacemos e medramos no rural. Pero que agora estamos noutro lugar rachando coa tradición da nosa familia e todo o que iso implica, que vai dende a relixión católica á idea da muller como un ente relacionado co fogar», explica a escritora.