Sabías que ti tamén podes participar na construción de Europa?

Programa: 
Conexión Europa

Hoxe, en Conexión Europa, falamos de participación, de gobernanza, de como unha cidadanía activa pode, e debe, participar na construción da nosa sociedade, dos nosos territorios pero tamén da Europa que queremos.

Neste episodio achegámosvos, ademais, como Europa crea ferramentas para escoitar á cidadanía, mecanismos que nos permiten achegar as nosas demandas e inquedanzas ás institucións europeas e que nos animan a participar activamente na vida política e social da Unión.

Porque construír unha Europa cohesionada, activa e participativa é cousa de todos e todas.

         

Hoxe en Conexión Europa imos analizar en que consiste a participación cidadá e os seus mecanismos a través da entrevista con Joan Font Fàbregas, Profesor de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Instituto de Estudos Sociais Avanzados (IESA-CSIC), con sede en Córdoba. Fábregas é un dos investigadores españois de maior prestixio internacional no estudo da participación cidadá, a innovación democrática, a gobernanza e a opinión pública.

Coñeceremos nesta conversa con Mar Pereira, subdirectora de Promoción Internacional e Rural Intelixente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural,  un exemplo práctico de como aplicar a gobernanza nun entorno rural. 

Trátase do proxecto “ALDEALIX: Integración da biomasa no desenvolvemento de comunidades enerxéticas locais”. Un proxecto pensado para dotar de autosuficiencia enerxética térmica a localidades do rural da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, pero que vai máis alá do meramente enerxético.     

Unha experiencia que exemplifica á perfección como o exercicio da gobernanza e a participación veciñal poden acadar obxectivos colectivos ben interesantes.

Unha produción de EMUGA, Emisoras Municipais Galegas, no marco do proxecto Conexión Europa, apoiado pola DG Regio da Comisión Europea.