ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Todo comeza cunha cuadrilla moi unida formada por rapaces e rapazas que se coñecen desde a escola infantil. Parecía indestrutíbel pero un feito terrible provoca que escache en mil pedazos. Nada vai ser igual. Fraga síntese máis cómodo coa literatura fantástica: "Estás afeito a navegar dentro da ría e imos saír a mar aberto". Sentiuse así o literato ao elaborar un relato tan contemporáneo como Santoamaro.
"O meu obxectivo non é facer ningún tipo de pedagoxía, senón reflectir unha realidade, aínda que asumo a responsabilidade como autor, do que estou subliñando e enfocando" indica o autor de Pontedeume. Pretende que o lectorado se achegue á obra, e que os adolescentes cultiven o seu pensamento crítico. Quere crear obras literarias con calidade. Non escribe para premios. Sempre escribiu o que lle apeteceu naquel momento. "Vexo situacións que eles viven con total normalidade,e sería imposible que na miña xuventude o fixeramos así". Antonio M.Fraga é optimista e publicará en outubro “Papá Caníbal” unha novela infantil con Edicións Xerais. Volve aos territorios de Sesgaña (Pontedeume) e Tordollobre (Cabanas) cunha obra disparatada e de humor macabro.
Fotografía: Xan Xe Corral