Sempre en Galiza. Castelao. Xosé Luís Axeitos

Programa: 
Club de lectura
Fotografía Xan Xe

En 2025 reivindicouse o nomeamento honorífico como primeiro presidente de Galicia de Alfonso Daniel Rodriguez Castelao. Naceu en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886, segundo consta no Rexistro Civil. El xa en vida gañouse a denominación de o guieiro. É un titulo que non o dan as universidades nin os parlamentos. A comunidade galega en Arxentina estaba polarizada e dividida pero nese contexto hostil de enfrontamento, no exilio nunha situación dificil, el gañou unha grande autoridade moral, indicou o profesor Xose Luis Axeitos. 

O galego emigrado no Uruguai Francisco San Román dicía:

“Para o meu pai  o paso de Castelao pola miña casa era como unha visita de Deus. Castelao era unha persoa sumamente carismática que influía -e sen pretendelo- nas decisións políticas das persoas pero o extraordinario era a influencia que exercía nos aspectos íntimos e privados das persoas”.

 

SEIXAS, MIGUEL ANXO. Px.109. Castelao Construtor da nación. Tomo III - 1940-1950. Ed. Galaxia. Vigo. 2021.

 

Conversa con Xosé Luis Axeitos sobre Castelao:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/230126AXEITOS.mp3