Sinerxias para dinamizar o rural

Programa: 
Onda ODS

Tres mulleres coñecedoras da contorna forman Camiño Circular, unha cooperativa interdisciplinar onde se crean camiños que xeran impactos positivos a través da colaboración con tódolos axentes do territorio. Grazas a utilización de diferentes sinerxias constrúen dende A Estrada proxectos comprometidos e responsables que parten da innovación social e cultural como maneira de transformar o medio rural.