A soidade do inquisidor. Alberte Blanco

Programa: 
Club de lectura
Alberte Blanco en Radiofusión

O licenciado Xoán de Freixedo, a poderosa condesa Inés de Velasco ou o astuto inquisidor Diego de la Cantera protagonizan “A soidade do inquisidor”.  Alberte Blanco construíu amodiño os personaxes desta novela de investigación histórica publicada por Xerais. Vanse perfilando,cobran vida, conforme se vai elaborando a novela, indica o escritor.  “As terras de Monterrei merecían unha obra arredor da Idade Media” afirma Blanco quen tamén apunta ao camiño de Santiago como un tema moi inspirador para a creación literaria. A novela histórica é unha ferramenta útil para divulgar aspectos do pasado, conclúe.

Alberte Blanco fala de "A soidade do inquisidor": https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/160325BLANCO.mp3