ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As guerras non teñen nada de heroico. Traen consigo morte, fame e sufrimento. É unha das conclusións do libro de Leira- Castiñeira. Falamos desta investigación publicada por Editorial Galaxia no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión con Miguel Rodriguez, Juan Carneiro, Henrique Sanfiz e Francisco Leira. O volume inclúe a historia fotográfica dos galegos que loitaron forzosos na guerra civil, desde que eran cidadáns na República, pasando pola súa experiencia bélica, ata a súa volta en plena ditadura.
Nas eleccións democráticas de 1936 as forzas de esquerda e nacionalista obtiveron arredor de cinco millóns de votos.Pola dereita optaron en torno a catro millóns e medio de cidadáns. O goberno saído desas eleccións, presidido por Manuel Azaña, só tivo catro meses de vida, ata o golpe de estado de parte do exército o 18 de xullo dese ano.