Son de Nós con Paco Nogueiras

Programa: 
Sonsdenós

A música é emoción e as emocións son os piares básicos sobre os que forxamos a nosa personalidade. Se isto dito así, de xeito xeral é importante, tanto máis o será cando nos referimos ás etapas máis temperás da vida, á infancia. 

Con estas premisas avaladas pola ciencia, non queda outra que salientar a importancia da creación musical para crianzas. Moi lonxe de ser un xénero menor, a seriedade coa que os creadores e creadoras musicais se toman o seu traballo queda demostrado pola calidade da oferta musical infantil que existe en Galicia na actualidade.

Este é o caso de Francisco Nogueiras Nodar, artisticamente coñecido por Paco Nogueiras que é un dos referentes na creación de música infantil musical en galego. Paco Nogueiras é un artista completo no que é imposible separar ao actor do un músico e que decidiu adicar o seu traballo artístico aos máis pequenos. Espectáculos como “Contos a Centos”, “BrincaVai!”, “Radio Bulebule”, “Extra” ou o recente “Son Animal”, forman parte da súa proposta para o público mais novo da casa.

Lucindo o seu característico chapeu azul, Paco Nogueiras fai as delicias do público máis esixente que artista algún poida imaxinar. O público infantil sabe o que quere, non é parvo, por iso os distintos espectáculos de Paco Nogueiras teñen sido un éxito asegurado en calquera sitio que o artista visita.