ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

Hoxe espertámonos en Son de Nós co corazón portugués. Sabedes que temos o gusto de mirar, de cando en vez, á Lusofonía porque a música e a lingua son o noso nexo de unión, sen ningún tipo de dúbidas. Nesta ocasión, curiosamente, as melodías de fado que vos traemos non veñen de Portugal senón que nacen en Ferrolterra.
Porque foi en Ferrolterra, no ano 2007 cando naceu o proxecto musical que hoxe nos visita, Abril Fado Atlántico.
Falan de sí mesmos como un proxecto de carácter aberto, porque aínda que o protagonista é o fado tradicional portugués, nel teñen cabida o tango, o choriño brasileiro ou outras músicas atlánticas, iso si, interpretadas sempre coa instrumentación típica do fado.
Daniel Adzemian, guitarrista arxentino, é o alma mater do proxecto, a voz poderosa de Sara de Sousa, que actuou en diversos escenarios do Porto e doutras localidades do norte de Portugal.e na guitarra unha nova incorporación, o guitarrista Javier Moreno.