ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
En Sons de Nós acreditamos nos múltiples efectos saudables da risa e dos, tamén ben importantes, beneficios da música en diversos aspectos do benestar físico, mental e emocional.
Parécenos, xa que logo, que conxugar as dúas cousas, a risa e a música, ten que ser unha especie de fórmula maxistral que vai máis alá do simple entretemento, para ser unha poderosa menciña. E se o uso e abuso da risa e da música comeza na máis tenra infancia os efectos teñen que ser inimaxinables.
Temos a sorte de contar, no noso panorama musical con artistas que son quen de artellar proxectos artísticos que mesturan en cantidades equibradas musica e risa, acadando a un abanico de público ben amplo. Brais Gutiérrez Ríos nas súas diferentes facetas – personalidades múltiples, xa como Brais das Hortas ou como Pepe King, é un deses artistas que son quen de tomarse moi en serio o seu traballo e facernos rir, teñamos a idade que teñamos.
Brais dás Hortas é músico e cómico desde 1996, aínda que seguramente as dúas facetas véñenlle de serie. Toca a guitarra eléctrica, clásica, acústica e portuguesa, o laud árabe, a frauta chinesa, o caixón, a frauta chinesa, batería de refugallo, darbouka, karkaba, kalimba, beatbox, harmónica, antenas tubulares, melódica, efectos sonoros… non se pode ser máis poli-instrumentista. Pero ademais compón músicas e letras e artella espectáculos para público infantil, aquí a súa personalidade como Brais das Hortas, tanto en solitario como, por exemplo, con Peter Punk, nos que é quen de “capturar” ao público familiar por igual ofrecendo música divertida e textos con mensaxe que ademais de divertir fannos pensar.
Cando xurde o seu “alter ego” adulto, Pepe King une forzas coa diva Bieita James, Iseo Agilda, e ofrécennos ese dúo estelar que é Blues do País.
Brais é unha desas persoas que son quen de contribuír a esa osixenación do cerebro a través da música e da risa, con tanta naturalidade que parece que estamos diante de algo moi parecido á maxia.
Fotografía: Charlatana