ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“O punk non está morto e sigue a berrar sobre aquelo que está mal”, esta é a conclusión á que ten chegado un proxecto de investigación-creación dunha Universidade de Colombia, que profundou en como a música, particularmente o punk, é unha ferramenta para sentar posición política respecto das opresións sociais. Non teño dúbida algunha de que os Bule, ao completo, concordan con esta afirmación, porque na súa música bebe das fontes do punk dos 80, e as súas inquedanzas cotiás están nas letras das súas pezas .
Bule é unha banda cañera e divertida no escenario como poucas, que apostan por unha música intensa pero na que buscan a melodía en todo momento. Pablo, Chelen, Óscar e Jetu, son os compoñentes de Bule, todos eles teñen unha ampla experiencia musical porque teñen formado parte de grupos como Weather Underground, Lost Psychotics, Zinza, Arenga ou V de Burro. No 2017 comezan a súa andaina como banda e, aseguran, o segredo da súa continuidade é que o entendemento foi total entre eles dende o primeiro momento e que o traballo é colectivo.
Neste episodio de Sons de Nós, Pablo e Óscar, dous compoñentes da banda, son os encargados de presentarnos a Bule e ao seu último lanzamento musical, o longa duración que estrearon a principio de ano, “Agora ou nunca”. Un traballo cociñado a lume lento porque querían coidar, e gozar, o proceso de creación e gravación do mesmo.
Durante este verán e boa parte do inverno adicaranse a presentar “Agora ou nunca” en festivais e salas de Galicia nunha xira de concertos nos que, por suposto, ...non vale parar!.