ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Alfonso é músico e dj compostelán e o creador de “Espiño”. Un artista con moita experiencia musical xa que foi tamén cabeza visible de bandas que xa podemos considerar clásicas como “Contrastes” e “Los Chavales” e que na actualidade comparte escenarios en varias formacións como a do actor Manquiña,“Los Fabulosos Weekend”.
Alfonso comparte a paixón pola música coa súa faceta de Historiador da Arte, conseguindo conxugar as dúas partes da súa vida cunha importante investigación sobre a historia do Pop en Compostela. A investigación deu lugar, ademais de a unha tese de doutoramento, ao libro, “Compopstela, música moderna en Santiago (1954-1978)”, que tivo unha estupenda acollida entre o público.
A música en galego está presente na produción musical de Alfonso e esta ten sido unha aposta decidida dende practicamente o principio da súa carreira musical. Galardoado co premio Galicia Creativa 2016 (SGAE) na categoría Pop/Rock e catro veces finalista nos Premios Martín Códax da Música.
Alfonso aínda sendo un artista musicalmente hiperactivo, xa que forma parte de moitos proxectos musicais, bota en falla máis espazos onde actuar, “vivan as salas, vivan os festivais e viva a música en tódolos aspectos”.
Pop fresco, orixinal, divertido e alternativo, “Espiño somos un exemplo de resistencia absoluta”, e a demostración é que Alfonso está a traballar nun novo sinxelo, “Lilith”, que está a preparar en formato dixital e verá a luz en setembro ou outubro.
Convidámosvos a gozar, como nós o fixemos, con esta Sons de Nós con Alfonso Espiño.
Fotografía: Román Gutiérrez