Sons de Nós con Faltriqueira

Programa: 
Sonsdenós

Herba de namorar, Corpiño Xeitoso ou Ven bailar son algúns dos temas de Faltriqueira que repasamos con Ana Leira, unha das fundadoras desta formación musical nada en Pontedeume. Naceron como un grupo de pandeireteiras baixo o paraugas da asociación Orballo hai máis de vinte anos. Na actualidade son cinco compoñentes e teñen xa listo un novo disco que verá a luz a finais do ano 2023.