ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Hai un refrán moi galego que di que “xente nova e leña verde todo fume”, non é o caso do novísimo grupo que hoxe son protagonistas desta conversa.
Un auténtico pracer falar con Leria, catro rapazas da Coruña que non superan os 25 anos, e que tiran polo río o refrán, teñen moi claro o que queren e van dando pasos para conseguilo.
Leria son Mayra Vila (voz e guitarra), Helena Barreiro (batería e coros), Itzi de Blas (baixo e coros) e Andrea López (teclados e coros) e empezan no ano 2021 tocando na rúa, literalmente. Coa incorporación de Itzi e Andrea o proxecto estaba totalmente en marcha e empeza a despegar sobre todo polo boca a boca. Veñen de presentar o seu primeiro traballo discográfico, “Marusía”, e están a presentalo nos escenarios de Galicia nunha xira que chamaron “Máis vivas que nunca”.
Estas comprometidas rapazas fan música indie en galego e “soben ao escenario a facer o que lles peta”, iso si, con letras con mensaxes tan claros, contundentes e tamén divertidos. Bandas compostas ou lideradas só por mulleres, sobre todo nalgúns estilos musicais, seguen a ser unha “rara avis”, tanto que seguen a ter que reivindicar a súa presenza nos escenarios, “dúas de nós somos técnicas de son, pois aínda así moitas veces dubidan da nosa capacidade”.
Imos parafrasear ás madrileñas “Las Odio” que afirman con sorna “non son a noiva, non son a amiga, non son a prima nin a veciña. Deixa de buscarme, non estou na lista. Mira a miña pulseira, Eu son a artista!!”.