ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A risa é un elemento estimulante para a nosa saúde. Rirnos axúdanos, ademais, a sentirnos mellor, incrementa a autoestima e a confianza nun mesmo, fortalece os lazos efectivos, facilita a comunicación, e potencia a creatividade e a imaxinación.
Neste Sons de Nós de hoxe sentímonos especialmente ben acompañadas porque nesta edición acompáñanos Isaac Rodríguez. O seu alter ego artístico é Peter Punk, un pallaso e leva facendo circo dende hai máis de vinte anos.
Os seus espectáculos están cheos de música e humor en galego para o público infantil. E non hai contrasentido en afirmar que Peter Punk tómase moi en serio a risa e, sobre todo, ao seu público. Moito traballo na posta en escea, nas propostas e tamén nas mensaxes que se emiten no escenario, tamén as nenas póñense a pensar. Os peques non son parvos e ademais son un público máis esixente que o público adulto.
Peter Punk ten unha perfecta simbiose musical con Brais das Hortas que os fixo poñer en marcha un espectáculo que xiran por Galicia, o “Concerto PunkInfantil”. Música e risa, risa e música asegurada para tódalas edades.
Imaxe: Charlatana.org